O "Día do marqués" achegará aos máis pequenos a época da cesión do Pazo de Castrelos
O próximo día 12 cúmprese o 80 aniversario da doazón do Pazo de Castrelos por parte do marqués de Alcedo. Para conmemorar este evento, o Concello, en colaboración coa Fundación Igual Arte, celebra o domingo o "Día do marqués". Será esta unha xornada dirixida especialmente aos máis pequenos, con contacontos e xogos que pretenderán recrear a época da cesión do museo.
Como cada ano, o día 12 de decembro recórdase co "Día do marqués" a doazón do Pazo de Castrelos á cidade de Vigo. Nesta ocasión, ademais, a conmemoración será especial, pois foi en 1924 cando o marqués de Alcedo asinou a cesión en París. Ou sexa, hai 80 anos. Para celebralo, terá lugar no mesmo pazo unha xornada con contacontos e xogos dirixidos aos máis pequenos.
Trátase, segundo dixo a concelleira de Cultura, Lucía Molares, de "empapar os nenos na cultura da cidade". Así, o "Día do marqués" comezará ás 17:00 do domingo coa actuación dun contacontos que relatará, de modo interactivo, a historia da cesión do museo.
A seguir, os nenos poderán aprender máis sobre o museo a través de tres clases distintas de xogos coas que se pretende recrear a época da súa cesión dunha forma interactiva: o xogo corporal, o xogo visual e auditivo e os xogos plásticos. A entrada e a participación no "Día do marqués" é totalmente gratuíta. Poderán participar nesta xornada un máximo de 50 nenos e haberá agasallos para todos eles.
Descargar todas as imaxes