Aberta a pista de patinaxe sobre xeo na praza do Rei
A pista, que estrea nova ubicación, estará aberta ata o 10 de xaneiro e ten capacidade para 70 persoas. Os tempos de patinaxe serán de 40 minutos.
A concelleira de Xuventude, Lucía Molares, e mailo xerente de Juvesport, Miguel Ángel Fernández, presentaron a nova pista de patinaxe sobre xeo que abre hoxe as súas portas na praza do Rei, xunto ao Concello. Esta pista de patinaxe, que cambia este ano de emprazamento para estar máis achegado aos vigueses, está instalada baixo unha inmensa carpa de 1.200 metros cadrados.
A superficie de patinaxe, de xeo natural, conta con 450 metros cadrados e ten capacidade para unhas 70 persoas que poderán patinar en quendas de 40 minutos. A carpa está provista dunha zona de gradas con capacidade para 250 persoas, un posto de venta de comida e bebidas e un área acondicionada para poñer os patíns. En total haberá 250 xogos de diferentes números, polo que ningún patinador quedará sen botas.
Dende a Concellería de Xuventude invitouse aos Centros de Ensino Medio da cidade a acudir, cun grupo de 50 alumnos, a proba-la pista de maneira gratuíta en horario lectivo matinal. Os venres e sábados, entre as 12 e a 1 da noite, a pista poderá ser utilizada polos mozos que participen no programa "Noites Vivas".
O prezo de entrada é de 6 euros, e inclúe patíns e luvas.
O horario de apertura ao público é o seguinte:
Dende o 10 ao 22 de decembro:
- de luns a xoves, de 14 a 21 horas
- Venres e sábados de 11 a 1 horas
- Domingo de 11 a 21 horas
Dende o 23 de decembro ao 10 de xaneiro:
- De luns a xoves de 10 a 21 horas