Vigo presenta a súa candidatura para alugar os VII Encontros de embarcacións tradicionais de Galicia
A súa coincidencia coa Volvo Ocean Race e o remate dos proxectos da escola obradoiro "Mar de Vigo 2" xogan a favor da candidatura de Vigo. Ademais, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial apoia a elección dunha gran cidade pola maior repercusión do evento.
Fora da orde do día, a Xunta de Goberno local tratou a presentación da candidatura de Vigo para os VII Encontros de embarcacións tradicionais de Galicia. A favor da súa conveniencia están: a súa coincidencia co desenvolvemento de actividades asociadas á saída da Volvo Ocean Race dende Vigo en novembro de 2005; o remate dos proxectos da escola obradoiro "Mar de Vigo 2" coa botadura dun bote polbeiro e unha traiñeira; dentro da especialidade de Actividades náuticas quérese organizar un evento náutico de carácter internacional; a escola obradoiro pode presentar un novo proxecto.
Tamén apoiando a candidatura de Vigo está o interese manifestado polos responsables da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial de que os encontros se poidan realizar en Vigo pola maior repercusión social da súa realización nunha gran cidade e a implicación doutras entidades como a Asociación de mariñeiros tradicionais de Bouzas e o Museo do Mar de Galicia.
Escola municipal infantil
Tamén fora da orde do día, a Xunta de Goberno aprobou a contratación do proxecto básico para a construcción dunha escola infantil municipal na rúa Palencia, coa autorización dun presuposto inferior a 30.000 euros para a redacción de dito proxecto.
A escola contará cunha superficie pechada duns 550 metros cadrados e un orzamento total superior aos 650.000 euros.