Cultura inicia a revitalización do Arquivo Fotográfico Pacheco co nomeamento dun director
Co obxecto de darlle un pulo definitivo a este arquivo, a concellería que dirixe Ignacio López-Chaves, creará unha comisión que establecerá e delimitará as funcións do Arquivo Pacheco, así como as fases e a cuantía económica da súa posta en funcionamiento.
Continuando co plan previsto para a revitalización do Arquivo Pacheco, o Goberno Local nomeou hoxe ao técnico de Administración Especial, Xosé Lois Cea Nogueira, responsable de dirixir e coordinar o Arquivo Fotográfico Pacheco, segundo anunciou hoxe o concelleiro delegado da área de Cultura, Ignacio López-Chaves. O concelleiro indicou que con este nomeamento pretende darlle un púlo definitivo a este arquivo fotográfico.
Trala celebración de varias reunións con técnicos nacionais expertos na xestión de arquivos históricos procedentes de Navarra ou Gerona, a concellería de Cultura creará unha comisión coa finalidade de establecer e delimitar as funcións do Arquivo Pacheco, así como as fases e a cuantía económica da súa posta en funcionamiento.
O Arquivo Pacheco, que contén máis de 100.000 fotografías, moitas delas aínda sen dixitalizar, comeza así a conta atrás para a súa renovación e posta á disposición e o servizo do público.