O Goberno prepara un plan de aparcadoiros que inclúe os de Areal, Villa Laura e Jenaro de la Fuente e outros novos
O Plan, que será presentado nas próximas semanas, terá unha vixencia de dez anos,e terá en conta as necesidades da cidade a corto, medio e longo prazo, permitindo a creación de 2.000 novas prazas de aparcamento nos próximos 5 ou 6 anos.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o documento de renuncia do Consorcio da Zona Franca de Vigo ao Convenio para a construcción, xestión e explotación por un periodo de 50 anos de tres aparcadoiros soterrados nas rúas Jenaro de la Fuente, Pintor Colmeiro e Areal.
A decisión, tomada unilateralmente polo consorcio, extingue o Convenio e a necesidade de pagar, por parte do Concello, as contraprestacións asinadas no mesmo.
Neste senso, o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, anunciou hoxe a disposición da concellería de crear un Plan de aparcadoiros que será presentado nas próximas semanas e permitirá a construcción destes tres aparcadoiros e outros novos. O Plan, que terá unha vixencia de dez anos, prevé as necesidades da cidade a corto, medio e longo prazo, e permitirá a creación de 2.000 novas prazas de aparcamento nos próximos 5 ou 6 anos.
As zonas da cidade que verán reforzadas o seu número de prazas de aparcamento serán as que tradicionalmente presentan máis problemas neste senso, como son as da Praza de Compostela, Urzáiz e rúas laterales, Centro Comercial A Laxe e Palacio de Congresos, así coma as áreas de Bouzas, Teis e Carballo, entre outras.
O Goberno agarda o máximo consenso posible dos grupos municipais para este Plan de aparcadoiros que pretende suprimir as prazas en superficie para facilitar o traballo dos peóns nas obras urbanas, aumentando a superficie das beirarrúas e gañando en calidade de vida para os cidadáns.