Escoitar
O CONSORCIO VIGUÉS EXECUTARÁ OS TRABALLOS, QUE TEÑEN UN ORZAMENTO DE 1.800.000 EUROS

Concello e Zona Franca asinan o convenio para o remate das obras de prolongación do túnel do Beiramar coa autopista

O convenio, asinado o venres pola alcaldesa, Corina Porro, e o delegado de Zona Franca, Francisco López Peña, regula a colaboración entre o Concello de Vigo e o consorcio vigués para a execución e financiación das obras incluídas no "Proxecto de adaptación á normativa vixente do túnel de acceso ao Porto de Vigo dende a AP-9 e a mellora do túnel".

venres, 17 set 2004
1095419910cori17ag.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, e mailo delegado do consorcio de Zona Franca, Francisco López Peña, asinaron o venres un convenio de colaboración para a financiación das obras complementarias de prolongación do túnel de Beiramar coa autopista do Atlántico.

Segundo o documento, Zona Franca licitará, contratará e financiará a execución das obras, que teñen un orzamento de 1.800.000 euros e que inclúen aspectos como a iluminación, sinalización ou sistemas de control, entre outros. Neste senso, as obras contempran a istalación de equipos para adaptar este tramo á normativa vixente de viais públicos, con saídas de emerxencia, semáforos, postes SOS, control de densidades de tráfico, sistemas contraincendios, cámaras, gálibos... Ademáis, coa instalación de cámaras, o Concello controlará, a través da sala de control de tráfico, a circulación de vehículos neste tramo.

Segundo a alcaldesa, "trátase dunha infraestructura vital, que dexconxestionará boa parte do tráfico urbano nunha zona con gran circulación de tráfico pesado". Maís aínda, a infraestructura permitirá unha conexión directa entre o Porto de Vigo e a autopista AP-9 e os seus respectivos enlaces con Santiago, a autopista ao Val Miñor e a Portugal ou a autovía a Ourense e Madrid.

Unha forma de aliviar o tráfico de vehículos en xeral, e o de vehículos pesados en particular, tendo en conta que pola rotonda de Isaac Peral e García Barbón circulan unha media de 5.500 vehículos (1.300 camións) ao día que se dirixen á AP-9. Así, a posta en marcha desta infraestructura mellorará considerablemente o tráfico, xa que os 5.500 vehículos que se dirixen á autopista, representan o 30% do total de circulación que accede á rotonda. Asimesmo, eliminarase a circulación en superficie duns 1.000 vehículos en horas punta, ademáis de producirse unha considerable reducción das colas que nestes intres sofren o Areal e o acceso pola rúa García Barbón.

Segundo o delegado da Zona Franca, trátase dunha "colaboración lóxica" que levará a unha etapa de probas técnicas de interconexión. Así, e tralo visto bo do equipo técnico, procederase á inauguración do túnel antes de que remate o presente ano, aínda que xa se iniciaron as obras nos xardíns de Isaac Peral. Un obxectivo prioritario por parte dos representantes do Goberno Municipal e Zona Franca, respectivamente.
Descargar todas as imaxes