Escoitar
<br />

Alumeado de Nadal 2004

Comunícase a todas as asociacións de comerciantes, veciñais ou doutra índole interesadas en acollerse á gratuidade do consumo da iluminación do Nadal 2004, que o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de outubro.

venres, 17 set 2004
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello antes do devandito prazo, dirixidas ó Departamento de Turismo e Comercio, con toda a documentación que se esixe na Normativa para a instalación da iluminación do Nadal nos viais da cidade de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno Local de 16 de xullo de 2001.

Esta normativa está a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do Concello e, nela, se especifican todos os requisitos que deben cumprir as asociacións para acollerse á gratuidade do consumo eléctrico destas instalacións.

Infórmase de que non se admitirán solicitudes de instalación de iluminación que sexan rexistradas con data posterior ó 15 de outubro e que, polo tanto, aquelas asociacións ou colectivos que non tramiten as súas solicitudes en prazo non poderán beneficiarse da gratuidade do consumo eléctrico. AsÍ mesmo, tampouco serán beneficiarias desta axuda aquelas asociacións que non observen as características e os materiais das instalacións recomendadas na devandita normativa.

Para máis información: 986/810216/810199.