Escoitar
<br />

Prazo aberto de preinscricción para novo alumnado na Escola Municipal de Teatro

O prazo de preinscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Teatro, sita en dependencias do Servicio de Educación do Concello de Vigo, queda aberto do 16 ó 24 de setembro.

venres, 17 set 2004
A formalización da matrícula para todo o alumnado preinscrito para o curso 2004/2005 deberá realizarse entre os días 1 ó 13 de outubro nas mesmas dependencias do Servicio de Educación onde se facilitará o recibo para o pago das taxas .
En aplicación da Ordenanza de Tributos e Prezos Públicos 2004 a taxa de matrícula fíxase en 20,70 euros e as mensualidades importarán 17,90 euros cada unha. En xaneiro verase incrementado o seu importe polo IPC correspondente.
Información: Concellería de Educación no teléfono 986 810181.
Centros e cursos previstos:
-CEIP "MESTRES GOLDAR" DE CASTRELOS (Curso de 6-12 anos/
Curso de 12-17 anos)
-CEIP FRIÁN – TEIS (Curso de 6-12 anos)
- IES "O CASTRO" – HISPANIDADE (Curso de 12-17)
- IES "ALEXANDRE BÓVEDA"-COIA (Curso de 12-17)
- Local da EMT EN MONTE DA MINA (Curso maiores de 18 anos)