mércores, 22 setembro 2004

Corina Porro aboga por un enfoque a longo prazo na Política Pesquera Común que combine as dimensións científica, medioambiental e socioeconómica

A alcaldesa de Vigo asistiu hoxe ás nove da mañán á inauguración da Conferencia Científica anual do Consello Internacional para a exploración do mar que se celebra en Vigo. O Centro Cultural Caixanova foi o escenario onde Corina Porro destacou a importancia dunha Política Pesquera Común a longo prazo e remitiu ao "principio de prudencia económica" para non desestabiliza-lo tecido socioeconómico das cidades pesqueiras.

I Maratón "Cidade de Oporto"

mércores, 22 set 2004

Co obxectivo de ofrecer unha grande proba de atletismo, Portugal acollerá o vindeiro 17 de outubro o primeiro maratón "Cidade de Oporto". Unha proba, presentada en rolda de prensa pola concelleira Soledad Polo, e na que participarán máis de 2.000 atletas dos máis variados países, con especial presencia de galegos nas súas filas.

Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 22 set 2004

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reunirase en sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o xoves día 23 de setembro, ás 9.30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda.