Escoitar

O Concello acorda crear un Centro de Emerxencia Social

Diferentes axentes sociais da cidade concluíron ,da xeito unánime, a necesidade imperiosa e urxente de crear un centro de Emerxencia Social. Esta decisión tomouse no transcurso dun seminario sobre emerxencia social celebrado convocado dende o Plan Local sobre Dropodependencias e outras Adicións (PLsDA) e que presidiu o concelleiro de Benestar Social, Ignacio López Chaves.

venres, 14 mai 2004
1084540737emerxencia.jpg
Momento da reunión
Na xuntanza acordouse que o Centro de Emerxencia Social de titularidade pública municipal deberá estar aberto os 365 días do ano as 24 horas do día, coordinado os recursos sociais e de saúde, de atención primaria e especializada xa existentes e atendido por profesionais e voluntariado de apoio. Considerouse tamén que o Centro terá que ser accesible e céntrico, que atenda á poboación de Vigo e da súa área metropolitana, adaptándose os profesionais ás demandas coas que se atopan e que canalice a recursos adaptados ás necesidades de cada un.

Na sesión de traballo participaron representantes dos colectivos da Cruz Vermella; Centro de Día para Mulleres Alecrín; Asociación Betel; Fase de Encontro; "La Sal de la Tierra" ; Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres; Hijas de Mª Inmaculada; Servas de Xesús da Caridade; xunta do Patronato da Casa Caridade; Cogami; Fogar Santa Isabel; Federación AA.VV. "Eduardo Chao"; delegación en Vigo da Consellería de Familia, Muller e Voluntariado; FENAD (Federación nacional de asociaciones de drogodependentes); Policía autonómica; Policía nacional; Servicios Sociais do Concello; concelleira do PSdeG, Belén Sio Lourido; concelleira do BNG, Olaia Fernández Davila; concelleira do PP, Marisol Polo; e as entidades do PLsDA: AGAJA, ALBORADA, ARVI, ASADIR, ASVIDAL, CÁRITAS, CEDRO, "EL IMÁN", ÉRGUETE, MADRO, MÉDICOS DO MUNDO, PLAN COMUNITARIO CASCO VELLO e PLAN COMUNITARIO DE TEIS

O Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo, xorde dende as entidades que están a traballar en calquera dos ámbitos da promoción da saúde na cidade, na idea de ter un instrumento que dea estabilidade ás accións e programas desenvolvidos, máis aló das realidades e particularidades vividas por cada unha delas. Foi aprobado en pleno polo concello en xullo do 2002, e a partires de alí, constituíronse comisións de traballo nas distintas áreas de prevención, asistencia e incorporación social.
Descargar todas as imaxes