Escoitar

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local celebra reunión o martes, día 18, ás 9 da mañá , e tratará entre outros asuntos do proxecto de convenio de cooperación entre o Concello de Vigo e a "Asociación Hoy por Mañana" para dispor de prazas de gardería especializada en menores discapacitados.

venres, 14 mai 2004
1.- Actas das sesións ordinarias e extraordinaria e urxente do 3 de maio de 2004.

ALCALDÍA
2.- Réxime retributivo dos membros do Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo. Expte. 1181/110.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Sentenza do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Vigo no xuízo ord. nº 783/02 interposto pola COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DE REPÚBLICA ARGENTINA Nº 12e 14, sobre reclamación de cotas ordinarias dos pisos propiedade do Concello de Vigo. Estimado.

4.- Sentenza do TSXG no recurso de apelación nº 7895/2001 interposto pola UNIVERSIDADE DE VIGO contra sentenza do Xulgado do contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra en relación con denegación de exención do IBI-2000. Desestimado.

5.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4689/00 interposto por D. JUAN CARLOS PRADO ALONSO contra acordo plenario do 27.03.00 sobre permuta de parcela en PP Samil, Polígono I. Estimado.

6.- Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 9/03 interposto por CONSTRUCCIONES MIRÓN Y GUTIERREZ S.A. cotra desestimación presunta de recurso de reposición contra liquidacións IAE. Estimado.

7.- Sentenza do TSXG no rec. apelación nº 363/01 interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo en relación coas liquidacións do IBI do ano 1999. Desestimado.

8.- Sentenza do TSXG no rec. apelación nº 7023/2003 interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra sentenza do Xulgado Contencioso nº 1 de Vigo en relación con liquidacións do IBI do ano 2001. Desestimado.

9.- Sentenza do TSXG no rec. apelación nº 7010/2003 interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo en relación con liquidacións do IBI do ano 2001. Desestimado.

10.- Sentenza do TSXG no rec. apelación nº 7001/2003 interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo en relación con liquidacións do IBI do ano 2001. Desestimado.

11.- Sentenza do TSXG no rec. apelación nº 7007/2003 interposto pola AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo, en relación con liquidacións do IBI do ano 2000. Desestimado.

12.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 02/5016/03 interposto por D. JESUS FRANCO MILLÁN contra resolucións do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e do delegado de Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, sobre inadmisión de reclamación patrimonial de danos por accidente. Auto de desestimento.

BENESTAR SOCIAL
13.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Alta exptes: 41/6699, 13/3826, 13/000.000.

14.- Proxecto de convenio de cooperación entre o Concello de Vigo e a "Asociación Hoy por Mañana" para dispor de prazas de gardería especializada en menores discapacitados. Expte. 10735/301.

CULTURA
15.- Autorización de gasto en concepto de aboamento de dereitos de autor da programación do Servizo de Cultura da Concellaría de Asuntos Sociais para o ano 2004. Expte.8283/331.

16.- Préstamo da obra "Cabaza dun peregrino flamenco" do Museo Francisco Fernández del Riego á "Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exterior de España S.A." para exposición. Expte.8298/331.

DEPORTES
17.- Solicitude da Agrupación Deportiva Xogara do IES da Guía para celebrar o evento "Xoga connoscos ós nosos xogos" no Parque de Castrelos o 27.05.04. Expte. 4450/333.

FACENDA
18.- Proxecto do presuposto municipal para o ano 2004.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
19.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas e Animación Sociocultural durante os meses de febreiro, marzo e abril de 2004. Expte. 1004/335.

20.- Solicitude da Marcha Mundial das Mulleres da cesión do auditorio de Castrelos para a realización dun espectáculo musical o día 22.05.04. Expte. 1007/335.

INTERVENCIÓN
21.- Xustificantes de libramentos.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
22.- Adxudicación de vehículos para chatarra do depósito da avda. de Madrid. Expte. 69613/210.

PARTICIPACIÓN CIDADA
23.- Outorgamento de subvención para o aluguer do local social da Asociación de Veciños "Pontenova" Freixeiro. Expte. 2073/320.

PATRIMONIO HISTÓRICO
24.- Contratación da asistencia técnica para a organización e xestión da Aula municipal de Etnografía. Expte. 2021/307.

URBANISMO
25.- Cesión de terreos para ensanche e mellora do camiño Maquías. Expte. 39527/250.

26.- Prórroga da data límite para a finalización e recepción das obras do Proxecto do "paso inferior na E.N. 550 (Travesía de Vigo) e reordenación da intersección coa rúa Aragón" executado por Carrefour S.A. Expte. 4471/401.

27.- Recurso de reposición contra o acordo da Xunta de Goberno local de 1.03.04 sobre desafiuzamento na rua Quintela. Rexeitado. Expte. 4505/401.

28.- Rogos e preguntas.