Escoitar

O bus promocional de Vigo comezará unha xira por 17 cidades de España e Portugal

A Concellería de Turismo, que dirixe Lucía Molares, comezará en Santiago de Compostela a ruta do bus promocional, que percorrerá desásete cidade españolas e portuguesas a partires do vindeiro 18 de maio. A xira rematará na cidade de Braga o 5 de xuño.

venres, 14 mai 2004
1084535209bus1.jpg
Turismo de Vigo porá en marcha esta oficina de turismo itinerante, co obxecto de dar a coñecer a riqueza da oferta turística da cidade en todos aqueles mercados obxectivos emisores de turistas. O bus promocional instalarase nos lugares máis céntricos e transitados das cidades, co obxecto de realizar ó maior número posible de consultas.

Dado que este ano turístico ten unhas especiais connotacións pola celebración do Ano Santo Xacobeo, Turismo de Vigo incluiu no seu percorrido nacional a cidade de Santiago de Compostela, punto de partida desta xira promocional.

As animadoras turísticas da Concellería atenderán as consultas na oficina de turismo itinerante en horario de 10:00 a 21:00, ininterrumpidamente, ofrecerán información sobre estes recursos e asesorarán aos potenciais turistas sobre programas de actividades a realizar no destino, promocionando os productos estrela da cidade como o turismo náutico ou de natureza.

Para promocionar dunha forma especial a celebración da Volvo Ocean Race, que sairá da nosa cidade o vindeiro ano, o bus promocional se presenta rotulado como un gran mar, apto para a práctica de todo tipo de deportes náuticos en calquera época do ano. Con esta iniciativa, Turismo de Vigo pretende ofrecer unha imaxe de destino turístico vinculado co mar.

A viaxe promocional de Turismo de Vigo estará precedida dunha campaña nos principais medios de comunicación das cidades a visitar, así como contactos cos profesionais do sector como touroperadores, axencias de viaxes..., nos que se anunciará a presencia da oficina de turismo. Baixo o lema "Mañán ven a Vigo sen saír de ...", a Concellería se anunciará nos prinicipais medios de comunicación de cada unha das cidades de destino, informando da posibilidade de coñecer Vigo sen saír da súa propia cidade.
1084535209bus1.jpg
1084535250bus2.jpg
1084535272bus3.jpg
1084535293bus4.jpg
Descargar todas as imaxes