Escoitar

Mocións aprobadas no Pleno

O Pleno da Corporación aprobou as mocións presentadas polo grupo municipal Democracia Progresista Galega relativas o segundo cinto de circunvalación, sobre o litoral vigués e a unión do barrio do Berbés co mar, así como unha moción do BNG na se que solicita o establecemento dun servicio permanente de profesorado itinerante.

martes, 30 mar 2004
A Corporación acordou negociar co Ministerio de Fomento outra solución constructiva no segundo cinto de circunvalación con falsos túneles na zona de Presas , do enlace con Ricardo Mella e en Valadares. Tamén decidiu trasladar ós técnicos que están a redactar os proxectos sobre o litoral vigués a contricción dun peirao no Museo do Mar e un pequeno rompeolas enfronte de xeito que permitan a rexeneración das praias de Bouzas e Alcabre, o tempo que posibilita o atraque de barcos para servicios ó museo. Esta moción tamén inclúe a solicitude da construcción dunha esclusa na ponte de Samil de xeito que permita a rexeneración da Xunqueira do Vao e do último tramo do Lagares, así como a canalización do leito do río Lagares .

A moción relativa ó barrio do Berbés propón un convenio coa Autoridade Portuaria para o derribo dos tres galpóns nos que se gardan redes de mariñeiros , e buscar outro emprazamento, e maila antiga lonxa de baixura. Esta moción propón que a sociedade Vigo 2005 defina un proxecto de parque público no lugar onde hoxe se atopan as naves a derribar.

O BNG presentou unha moción na que insta ao Goberno Municipal a dirixirse á Consellería de Educación para solicitar o establecemento dun servicio permanente de profesores itinerantes que se especialice en atención educativa hospitalaria e domiciliaria . A moción solicita tamén que ese servicio de profesores se capacite para afrontar os problemas nas diversas e especiais circunstancias que acompañan estes casos.