O Pleno aproba solicitar á Xunta subvencións para realizar programas de servicios sociais
A Corporación aprobou solicitar subvención á Xunta de Galicia, de axudas para o financiamento total ou parcial do mantemento e realización de programas e investimentos destinados á prestación de servicios sociais de atención primaria e especializados por un importe de 421.301,24 euros.
Este acordo tomouse na sesión plenaria celebrada hoxe no que se solicita axuda para a oficina da muller e centro municipal de información do dereitos da muller; para a casa de acollida e piso tutelado; para o servicio de atención domiciliaria da infancia, o plan municipal contra a violencia de xénero e bolsas de axuda económica para a saída das mulleres da Casa de Acollida.
Relacionado con temas de urbanismo, o pleno acordou aprobar inicialmente e reordenación de viais na zona do Meixoiero ( Bembrive) e accesos ó Hospital e a ordenación de tallada dos terreos do Sanatorio de Fátima. Tamén acordouse a aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións. Neste senso acordouse dispoñer, con carácter previo á súa aprobación definitiva e entrada en vigor, a elaboración dun censo de edificacións e a creación dunha oficina administrativa de control da ITE e dun rexistro informático. Una vez aprobada, procederase á subscrición de convenios de colaboración cos colexios profesionais, ó establecemento dun réxime de subvencións e a elaboración dunha Guía Informativa. Así mesmo, desenvolverase unha campaña divulgativa entre a cidadanía e os sectores directamente interesados.
Aprobou tamén o pleno unha modificación orzamentaria para financiar o convenio entre o Concello e o Consorcio da Zona por un importe de 3.000.000 euros para a contribución á creación dunha sociedade mixta e de 1.592.201 euros para o modificado do Proxecto de execución do aparcadoiro subterráneo de Urzáiz.
Descargar todas as imaxes