Ciclo de "cine e case cine"
O Marco continua coas proxeccións do ciclo de "Cine e case cine" no salón de actos do Museo O xoves, día 11, ás 20 horas, proxectaranse os traballos Marine Hugonnier "Ariana" e de Iñaki Garmendia/Asier Mendizábal "Goierri Konpeti"
Ariana. 2003, 16mm transferido a DVD, cor, v.o.s, 18’36’’
Marine Hugonnier
París, 1969. Vive en Londres
Cortesía Film and Video Umbrella, Londres
En agosto e setembro de 2002, Hugonnier viaxa a Afganistán co fin de investigar e rodar Ariana, nome da rexión sur do país e da líña aérea nacional. Estreada na pasada edición da Bienal de Venecia, a película detalla a viaxe a Kabul e ao Val de Panshir sito ao norte do país. O Val de Panshir, protexido pola montaña Hindu Kush, mantívose como estado independente xa que nunca chegou a ser invadido polos soviéticos nin dominado completamente polo réxime Talibán.
O documental narra a viaxe chea de obstáculos e frustracións que atopou o equipo de investigadores. Os protagonistas da viaxe son un director de fotografía, un antropólogo, un xeógrafo, un enxeñeiro de son e un guía local que chegan ao val coa intención de investigar como a paisaxe determinou a súa propia historia. O equipo non conseguiu os obxectivos que pretendía: nunca conseguiron a autorización que lles permitiese filmar o Val de Panshir desde o punto de vista que desexaban. Conforme grababan a panorámica de Kabul decatábanse de que a continuidade da toma contrapoñíase coa realidade da cidade. Finalmente recibiron un permiso para grabar desde a "montaña da televisión" unha vista de Kabul Hindu Kush aínda que coa euforia do momento esquecéronse de grabar.
Goierri Konpeti.
2002, DVD, cor, v.o.s, 54’
Iñaki Garmendia. 1972. Ordizia. Vive en Bilbao
Asier Mendizábal. 1973. Ordizia. Vive en Bilbao
Cortesías dos artistas
Os elementos temáticos de Goierri Konpeti apuntan a un estudio de antropoloxía clásico en formato narrativo: un grupo humano, uns homes novos que traballan nas fábricas da zona e falan pouco; un comportamento cultural específico que afonda as súas raíces nos rituais de grupo e nos mecanismos de lecer e consumo a obsesión polos coches e o seu mundo, as carreiras entre piñeiros, os arreglos no garaxe do caserío e un escenario, o Goierri, un lugar cheo de signos extremos do vasco fusión entre medio rural e industrial, coexistencia do mundo castelán-vasco falante, paisaxe idílica e claustrofóbica, bonanza económica, polarización e tensión política que acompaña impasible os movementos dos personaxes.
Malia tan perfecta adecuación ao formato xenérico, esta sucesión de imaxes que atravesan a paisaxe non ofrece o tipo de narración que cabería esperar. Así, o documental non oficial do Goierri (literalmente, "terras altas" de Guipúzcoa) renuncia a ofrecer unha traducción dixerible dunha realidade concreta. Ou, o que é o mesmo, fuxe da exotización do tema como forma de interpretación.
Descargar todas as imaxes