Escoitar

Entrega de diplomas ás mulleres beneficiarias do proxecto de emprego "Abeiro"

A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares, entregou hoxe os diplomas acreditativos da súa formación ás máis dun centenar de mulleres desempregadas participantes no proxecto europeo "Abeiro", nun acto oficial que tivo lugar no Auditorio municipal.

martes, 9 mar 2004
1078838881Dsc00005.jpg
O "Abeiro", que remata este mes de marzo, foi promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, no marco do Fondo Social Europeo, co obxecto de capacitar profesionalmente e de tutelar a posta en marcha de proxectos empresariais no sector de atencións ás persoas.

O proxecto "Abeiro" comezou hai un ano cun proceso de selección das beneficiarias, no transcurso do que se realizaron 331 entrevistas para determina-lo perfil das candidatas, incorporándose finalmente ós diferentes itinerarios 115 mulleres desempregadas. Destas mulleres, un 48% tiña entre 25 e 45 anos, un 42% eran maiores de 45 anos e o resto das participantes, menores de 25.

Para poder desenvolver a fase de prácticas a colaboración foi básica, xa que se asinaron acordos ou convenios de colaboración con 24 centros, que facilitaron ás alumnas a posibilidade de establecer contacto laboral co sector de atención ás persoas, así como a desenvolver pautas de traballo nun medio real.

Cunha duración de 12 meses, o proxecto "Abeiro" tivo un orzamento total de 652.000 €, do que un 70% se financiou con fondos da chamada Subvención Global do Fondo Social Europeo e o resto, aportouse desde o Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes