Escoitar

O Concello apoia ó Día Internacional da Muller coa sinatura de convenios e a celebración de actos

A concelleira da Muller, Lucía Molares, deu conta de dous convenio de colaboración que aprobou hoxe a Xunta de Goberno Local con Feministas Independentes Galegas para o II Premio de investigación e co grupo de estudios sobre a condición da muller Alecrín para garantir o libre acceso ó centro de documentación e biblioteca Alecrín.

luns, 8 mar 2004
1078755777lucia.jpg
Queizán e Molares
O convenio con Feministas Independentes Galegas , asinado pola súa presidenta María Xosé Queizán e pola concelleira da Muller, Lucía Molares, contempla a convocatoria do II Premio de Investigación Festa da Palabra 2004 e a coedición do nº 19 da revista Festas da Palabra, por un importe de 13.220 euros. O traballo de investigación versará sobre "as traballadoras da Panificadora" e o prazo para presentar os traballos comeza o 13 de marzo e finaliza o 20 de setembro de 2004.

O obxecto da convocatoria deste premio é recuperar e divulgar a aportación feita polas mulleres na historia e a contribución á sociedade galega do século XX. Con este premio preténdese revisar sucesivamente o papel xogado polas operarias en diferentes industrias galegas para demostrar o número de obreiras contratadas, o tipo de traballo realizado e a rendibilidade económica para as empresas e para o país.

Lucía Molares lembrou que a concellería da Muller ,como en anos anteriores, apoia á manifestación do día 8 de marzo convocada este ano pola Marcha Mundial das Mulleres que co lema "Diferentes Sí, Desiguais Non" percorrerá as rúas de Vigo a partir das 20 horas dende a praza do Portugal ata a Porta do Sol. Tamén apoia o Concello o acto de presentación de dous tomos da reedición das Obras de Concepción Arenal "El Pauperrismo" que terá lugar o día 8 de marzo ás 20 horas no auditorio de Caixa Galicia e o que asistirá Corina Porro. A alcaldesa manifestaba hoxe o seu apoio por avanzar en políticas de igualdade e de tolerancia cero cos agresores de malos tratos ás mulleres.

A concelleira da Muller informou ademais dos actos que durante este mes de marzo celébranse con motivo do Día Internacional da Muller e que contan coa colaboración do Concello. Así o día 16 ás 16 horas no auditorio de CaixaGalicia haberá unha conferencia sobre "A igualdade de oportunidades para as mulleres en Vigo" promovida pola Asociación de Mulleres UNAE. O día 18 ás 19.30 horas presentarase no salón de actos do MARCO o número 18 da revista "Festa da Palabra Investigación: As operarias de La Artística".

A última semana do mes a concellería da Muller colabora ,coas asociacións de comerciantes de Vigo que se adheriron á campaña "Eu non son cómplice", na organización de actos lúdicos .
Descargar todas as imaxes