Escoitar

O corpo de bombeiros celebra a súa festividade coa presentación do novo camión escaleira

O corpo de Bombeiros celebrará o vindeiro luns a festividade de San Juan de Dios, o seu patrono, cunha misa solemne no Fogar e Clínica San Rafael, á que seguirá unha exhibición dos vehículos e do persoal do servicio ós nenos con discapacidade.

venres, 5 mar 2004
Na exhibición participarán os vehículos nº 4 de Balaídos, o nº 3 do parque central de Teis, e o vehículo auxiliar nº 8, todos eles coas súas dotacións. O acto servirá para presentar ademáis o novo vehículo autoescaleira dos Bombeiros, un dos camións máis modernos do mercado, de 280 caballos e cunha escaleira capaz de elevarse 32 metros, que pode inclinarse con ángulos de +76 e –23 graos.

O novo coche escaleira, un chasis Mercedes Econic, ten frenos ABS, un eixe direccional traseiro, suspensión neumática, cambio automático secuencial e un sistema MOS (gps).