Policía local e nacional reforzan a colaboración en materia de seguridade cidadá
A Policía Local e a Nacional reforzarán a coordinación e a colaboración para garanti-la seguridade cidadá dos habitantes do termo municipal. A alcaldesa, Corina Porro, e o secretario de Estado de Seguridade, Ignacio Astarloa, asinaron hoxe un acordo de colaboración entre o Concello de Vigo e o Ministerio de Interior en materia policial que, entre outras, contempla o desenvolvemento de actuacións conxuntas de vixilancia e prevención nas zonas da cidade máis castigadas pola actividade delictiva.
O acordo inclúe o intercambio de información e documentación. A Dirección Xeral da Policía proporcionará ó Concello os datos policiais estatísticos da actividade delictiva no municipio, e o Concello aportará a información de interese policial que dispoña. Habilitaranse tamén as fórmulas necesarias que faciliten o acceso e consulta dos corpos policiais ós bancos de datos. Asemade, se contempla a integración de ámbolos dous corpos policiais nos servicios de urxencia 112, coa instalación dun sistema técnico de operacións que permita a transferencia de chamadas ás salas do 091 e 092.
Para mellora-la prestación do servicio ó cidadán, utilizaranse conxuntamente a oficina de denuncias e atención ó cidadá. Policía Local e Nacional levarán a cabo unha serie de actuacións conxuntas, coma a colaboración da Policía Local na formalización de citacións xudiciais e demais dilixencias na normativa sobre suízos rápidos. Tamén se favorecerá a posta en marcha de actuacións conxuntas para a execución de dispositivos de vixilancia e prevención naquelas áreas do casco urbano mais castigadas pola actividade delictiva e puntos negros de venta de drogas, así coma zonas de ocio frecuentadas pola xuventude. A colaboración estendese á busca e presentación en dependencias policiais de persoas reclamadas e fugadas, así como á busca e recuperación de vehículos.
A través da Xunta Local de Seguridade impulsarase a posta en marcha de actuacións conxuntas e a elaboración de planes de seguridade para a súa aplicación no termo municipal. Para garanti-lo normal desenvolvemento do acordo, crearase unha comisión mixta de seguimento, que reunirase cunha periodicidade mínima de dous veces ó ano. O acordo terá unha duración inicial de tres anos e prorrogarase de xeito tácito por períodos anuais.
Descargar todas as imaxes