O alcalde felicita a unha usuaria do SAD polo seu 101 aniversario
Abel Caballero achegouse ata a casa dunha usuaria so Servizo de Axuda a Domicilio para desexarlle un feliz aniversario. Florinda, con 101 anos, estivo acompañada pola súa filla e o seu xenro. O alcalde e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, asistiron á pequena celebración na que recibiu como agasallo un ramo de flores en nome da cidade.