Escoitar

O Pleno aproba as Medallas de Ouro da Cidade e os galardóns de Vigueses e Viguesas Distinguidas

As distincións foron aprobadas por maioría polos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do PP e coa abstención do BNG.

xoves, 12 mar 2026

A Corporación Municipal concedeu hoxe estes recoñecementos aos vigueses, empresas e institucións cunha serie de valores sociais e pola súa contribución a cidade. A votación foi aprobada por maioría cos votos dos socialistas e os populares, aínda que este último destacou a inconformidade coa elección dos galardoados. A esta postura únense os edís do BNG, que abstívose na votación.

Abel Caballero reiterou neste pleno que estes nomeamentos foron de acordo coa democracia, xa que “os premios teñen que ter unha acotación, e esa acotación a fai o pleno democraticamente” e estes premios os está votando a cidade, “están votando as persoas representadas neste pleno e iso chámase democracia”.

Medallas da Cidade

Outorgóuselle a Medalla de Ouro ao Colexio María Inmaculada-Hermanas Carmelitas polos seus 100 anos contribuíndo a educación de xeracións de vigueses e viguesas, creando unha cidadanía responsable e comprometida coa sociedade.

José García Costas recibiu outra das Medallas pola súa relevante traxectoria empresarial e a súa contribución ao desenvolvemento económico da cidade, a través da súa proxección internacional no sector naval.

Viguesas e Vigueses Distinguidos

Estas distincións recoñecen en diversos ámbitos ás persoas e entidades, “ao Vigo de hoxe en tódolos ámbitos”. No eido da educación outorgase a unha entidade educativa con 50 o máis anos de permanencia na cidade, este ano son o IES Alexandre Bóveda e ao IES Álvaro Cunqueiro.

Nas entidades de carácter social premiase á Fundación Menela, que leva 50 anos atendendo a persoas con trastorno do espectro autista, a á Asociación Vida Digna polos seus 20 anos axudando á comunidade co seu comedor social e asistindo a miles de familias. De forma individual, outorgáselle a Rosa Fontaíña pola súa loita contra a violencia de xénero sendo pioneira na cidade; e tamén a Gonzalo Davila polo súa labor ao fronte de Caritas.

As entidades de carácter empresarial que foron galardoadas son: Disgobe polo seu 50 aniversario como distribuidora de alimentación e bebidas; Ardora, a empresa viguesa que realiza reparacións de buques en todo o mundo e cumpriu 50 anos; e Denso Vigo, especializado en sistemas de aire acondicionado con 20 anos no sector. Tamén a Asociación de Representantes do Comercio fundada en 1954, que representa os intereses dos profesionais da venda

No ámbito deportivo premiouse a Run Run Vigo por promover o running, ao Clube Deportivo Nieto polo seu 25 aniversario, ao Clube Deportivo Bembrive Fútbol Sala por promover o deporte na parroquia, sobre todo o feminino, e ao Gran Peña F.C. polo seu centenario, converténdose nun histórico do fútbol local e autonómico. Individualmente, Alfonso Gonzalez recibe o galardón pola súa labor fronte ao Clube Deportivo Alerta Navia.

A Coral Polifónica de Candeán recibe a distinción no ámbito cultural, cumpre 50 anos e é membro de ACOPOVI desde a súa fundación. E a José Manuel Nogueira Rey pola súa traxectoria na defensa e a promoción da música e o baile galego.

E por último, a título póstumo, ao pintor Mingos Teixeira pola súa carreira creativa e docente durante máis de catro décadas. Ao profesor e director da Escola de Comercio, Patricio Sánchez Bello, responsable da implantación do Grao en Comercio en 2009. E a Gerardo González Costas, “Gerardiño”, polo seu compromiso coa inclusión das persoas con discapacidade a través do deporte e fundador de DisCamino.

Descargar todas as imaxes