Escoitar

Abre o prazo de inscrición para as xornadas formativas “Feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos"

Vigo acolle unhas xornadas para analizar os avances e os novos desafíos das politicas de igualdade e feminismo. Os días 24 e 25 de marzo, na sala de conferencias da Sede Afundación, terá lugar un ciclo de conferencias de carácter formativo. Esta actividade está integrada no programa de actos do 8M organizado polo Concello.

xoves, 12 mar 2026

O Concello organiza los días 24 e 25 de marzo unhas xornadas de reflexión e análise sobre igualdade e feminismo que reunirán a especialistas do ámbito académico, periodístico e social. A actividade terá lugar na sala de conferencias da Sede Afundación de Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 26 – 3º andar) e forma parte do programa de actos conmemorativos do 8M.

As xornadas teñen como obxectivo analizar os avances en materia de igualdade e os retos que aínda persisten, poñendo en valor as políticas públicas desenvoltas e reflexionando sobre o impacto dos discursos negacionistas da violencia de xénero. O encontro busca xerar un espazo de formación e debate sobre os desafíos actuais do feminismo e está dirixo tanto a profesionais do ámbito da educación, os servizos sociais , sanitarios ou xurídicos..., como a cidadanía interesada.

O ciclo de conferencias comezará o martes 24 de marzo ás 16:45h coa inauguración institucional. A continuación, terán lugar diversas conferencias impartidas por expertas como Ana de Miguel, profesora de Filosofía Moral e Política da UNED; Elisa García Mingo, socióloga e investigadora da UCM; María Almudena Cabezas González, profesora de Xeopolítica Feminista da UCM; Magis Iglesias Bello, xornalista e investigadora en Estudos de Xénero; e Laura Redondo Gutierrez, psicóloga experta en violencia e benestar social. Durante as sesións abordaranse temas como o estado actual do feminismo, a misoxinia contemporánea no contexto dixital, as violencias patriarcais no estado español e o análise da igualdade na sociedade actual.

As prazas son limitadas e requiren inscrición previa, enviando o formulario de inscrición a través do correo xornadas.igualdade@vigo.org. As persoas asistentes que participen na totalidade das xornadas recibirán un diploma acreditativo emitido pola Concello de Vigo.

A través desta iniciativa refórzase o compromiso do Concello coa promoción dunha cultura igualitaria e a prevención da violencia de xénero, impulsando espazos de coñecemento, diálogo e participación cidadá.

Descargar todas as imaxes