Escoitar

O Sinsal Primavera encherá o MARCO e a Fundación Sales de música experimental

O Museo Marco e a Fundación Sales serán os escenarios, os dias 1 de abril e 3 de maio, dos concertos do grupo norteamericano “Water Damage” e da solista islandesa Olöf Arnalds, que configuran o cartel do “Sinsal Primavera”, organizado co apoio do Concello de Vigo.

mércores, 11 mar 2026

Abel Caballero presentou este mércores un programa que ten por obxetivo achegar ao público bandas e solistas con propostas artísticas singulares que non forman parte do circuíto habitual das salas de concertos. A intención do "Sinsal Primavera" é sorprender aos asistentes a través dunha aposta pola experimentación para descubrir proxectos creativos que desafían ás fórmulas habituais de expresión.

Water Damage, que actuará ás 20:30h do día 1 de abril non MARCO, aterrará en Vigo inmerso nunha xira mundial, na que a cidade olívica será a única parada en España, para presentar o seu directo, unha experiencia que aposta pola distorsión e perturbación do son, mais sen descompoñer o equilibro entre os tons e as capas harmónicas. A súa música, baseada en drons, é un exemplo de como funciona o son en constante vibración. O seu directo será unha das propostas máis desafiantes que o público escoitará en Galicia este ano.

A cantante e compositora islandesa Ólöf Arnalds iniciará, ás 13:00 h do día 3 de maio na Fundación Sales, a súa xira española de presentación do seu novo disco, Spíra, un traballo publicado ou pasado mes de decembro e moi esperado logo dunha década de silencio, xa que nos seus anteriores traballos contou coa colaboración de artistas como Bjork ou membros de Sigur Rós ou Amiina. Arnalds dará a coñecer o seu quinto disco acompañada polo produtor e músico de jazz Skúli Sverrisson (quen traballou con Lou Reed, Jon Hassell ou Jóhann Jóhannsson). A islandesa moverase entre a tradición oral e a experimentación, transformando ou cotiá e íntimo nunha experiencia compartida.

Na presentación tamén estiveron presentes os concelleiros delegados de Cultura e Turismo, Gorka Gómez e María Lago, e o director do “Sinsal Primavera”, Luis Campos.  O responsable do certame agradeceu ao alcalde o apoio prestado durante todo o seu mandato de 19 anos, lembrando que a iniciativa cumpre 23 anos de diferenciada oferta musical. 

 

 

Descargar todas as imaxes