O Goberno local duplica as visitas guiadas para coñecer a vida das mulleres no Pazo de Castrelos
O Concello pon en marcha as visitas guiadas “Mulleres no Pazo” para grupos de ata 30 persoas con motivo do Día Internacional da Muller. Co éxito das inscricións, Caballero avanzou que haberá 8 quendas para público xeral os xoves de marzo e abril.
Aproveitando a exposición “Os últimos marqueses. Historia do Pazo de Castrelos 1896 – 1934” o Goberno local pon en valor a vida das mulleres no Pazo Quiñones de León con rutas guiadas baixo o título “Mulleres no pazo”.
O alcalde informou do éxito deste percorrido, polo que anunciou que se duplican as quendas dos xoves para público xeral e que, con motivo da alta demanda, as visitas tamén se desenvolverán durante o mes de abril. O 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller, as rutas serán ás 10 e 12 horas.
A visita é de balde e as persoas interesadas en inscribirse poden contactar a través da web www.museoseduca.vigo.org ou no correo electrónico museoseduca@vigo.org
Nestas visitas guiadas amósase o papel que desenvolvían as mulleres na historia do Pazo de Castrelos. Joaquina Montenegro, Mariana Whyte ou Antonia Bañuelos son algunhas das mulleres tan relevantes e importantes que forma parte da historia de Vigo e que se explican ao longo do percorrido.