O Goberno local construirá novas instalacións para o CEIP Canivouca nas antigas casas de mestres
O alcalde anunciou que se priorizan as necesidades da comunidade educativa e que se construirán novas dependencias en lugar das 6 vivendas previstas.
Abel Caballero explicou que, tras a revisión técnica realizada polos servizos municipais e o diálogo co centro, o Concello decidiu modificar a planificación e a parcela anexa, onde está o edificio das antigas casas dos mestres, será un novo espacio para instalacións que precisa a comunidade educativa. “A prioridade é o CEIP Canicouva”, subliñou Caballero.
O alcalde confirmou que o Concello renuncia á construción das vivendas previstas —que cualificou como “poucas, pero un apoio”— para dar resposta ás necesidades do colexio.
Está previsto proceder ao derrubo das edificacións existentes e iniciar de inmediato o expediente para construír o novo espazo anexo ao colexio.