O Concello coopera con 260.000 euros na renovación dos vestiarios dos campos de entidades sen ánimo de lucro
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases e a convocatoria das axudas por valor de 260.000 euros para que as entidades deportivas sen ánimo de lucro realicen obras de mellora nos vestiarios dos campos de fútbol. Estas subvenciones súmanse ás concendidas en 2024 para renovar o césped artificial de distintos clubs privados, segundo recordou o alcalde.
Abel Caballero incidiu en que as novas axudas servirán para mellorar as condicións dos vestiarios dos campos de fútbol ante o desgaste polo uso intensivo por parte dos deportistas. “Queremos que os campos de titularidade privada teñan, tamén, recursos municipais para reforzar en condicións todos os seus vestiarios”, recalcou.
Os importes de axudas, “moi importantes” segundo recalcou o alcalde, alcanzan ata o 80 por cento do valor das obras para realizar e concederanse por orde de presentación. O rexedor lembrou que na anterior convocatoria as entidades contaron con 250.000 euros para renovar o céspede artificial dos campos.
Campos municipais
O Concello tamén avanza na renovación dos vestiarios dos campos de fútbol base de titularidade municipal por 8,5 millóns de euros.
Este mes de marzo o Concello aprobará o proxecto de dous campos nos que as obras comezarán no verán, segundo adiantou Caballero, coa finalidade de non interferir nos adestramentos. “Aceleremos todo o posible todas as reformas dos vestiarios en Vigo”.
- Monte da Mina (Castrelos)
- San Andrés de Comesaña
- Carballal (Cabral)
- A Guía
- As Relfas (Sárdoma)
- Candeán
- A Bouza (Coia)
- Meixoeiro
- Santa Mariña (Cabral)