Escoitar

O alcalde louba ante ao alumnado senir da UNED o "proceso de unidade" cidadá de Vigo

Abel Caballero saudou este martes aos alumnos senior da Universidade Nacional a Distancia, UNED, que asisten aos cursos de seguridade informática e baile. Ante eles, destacou que a política municipal contempla iniciativas destinadas tanto aos nenos como aos maiores, xerando un “proceso de unidade en Vigo que é admirado” .

martes, 3 mar 2026

O alcalde incidiu ante o alumando e o profesorado da UNED que “unha cidade honrada e digna, ten que coidar da xente maior e da mocidade, en relación aos programas que desenvolve o Concello ao longo de todo o ano para os escolares, para propiciar a conciliación familiar, para a formación en idiomas e vida lúdica da mocidade e para a formación continua e a socialización dos maiores. Iniciativas ás que Caballero sumou o programa “Vigo Vertical” para facilitar a accesibilidade de toda a cidade.

“Temos que seguir facendo desta cidade un referente no mundo porque isto permite que a economía funcione e que sexamos unha das grandes cidades industriais e referentes mundiais en modernidade”, afirmou.

Caballero apuntou a importancia de contar cunha sede da UNED en Vigo tras a “ardua” tarefa realizada para conseguir a súa instalación na cidade e evitar traslados ao alumnado. “A UNED é un éxito con 13 titulacións de todos os niveis e cun importante número de matrículas”, remarcou.

Descargar todas as imaxes