Escoitar

O colexio Carmelitas e José García Costas, Medallas de Ouro de Vigo 2026

O alcalde desvelou esta mañá as que serán as Medallas de Ouro da Cidade 2026. Este ano recollerán esta distinción o colexio Carmelitas e o presidente da Cámara de Comercio e Empresario, José García Costas.

martes, 3 mar 2026
Imaxe de arquivo.
Imaxe de arquivo.

Abel Caballero avanzou esta mañá a designación de dúas Medallas de Ouro da Cidade neste 2026. A cidade quere poñer en valor ao colexio María Inmaculada-Hermanas Carmelitas pola súa traxectoria de cen anos en Vigo. Centro educativo cun proxecto moderno e de calidade e “queremos recoñecer a súa contribución coincidindo co seu centenario” dixo o alcalde.

José García Costas recibirá a segunda das Medallas de Ouro da Cidade 2026 en recoñecemento da súa relevante traxectoria empresarial e súa contribución ao desenvolvemento económico da cidade. “É unha figura destacada do empresariado vigués”, como fundador da súa compañía EMENASA no ano 1956, e como responsable da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. Caballero recoñeceulle a García Costas que “nos temas centrais sempre estivo ao lado da cidade”.

 

Descargar todas as imaxes