Escoitar

As ramplas mecánicas de Pintor Colmeiro xa están cubertas con pérgolas abertas

O Concello xa comezou a cubrir as ramplas de Pintor Colmeiro, unhas estruturas abertas de color vermello. O importe desta nova infraestrutura do Vigo Vertical ascende a 2,5 millóns e inclúe a humanización da zona.

mércores, 4 mar 2026

O alcalde avanzou que xa se están a colocar as cubertas das ramplas de Pintor Colmeiro, unhas estruturas con forma de pérgola abertas cara ás fachadas das vivendas. Cun importe de 2,5 millóns de euros, permiten salvar unha pendente do 10% e facilitar o acceso ao centro de saúde.

Tal e como detallou, tamén de está a humanizar este tramo de rúa, ampliando a superficie para os peóns e mellorando a permeabilidade con novos pasos de cebra, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e e seguridade viaria. Adicionalmente, ademais de ampliar as zonas verdes, estase a renovar o saneamento e o abastecemento, a pavimentación, as luminarias, e o mobiliario urbano.

 

Descargar todas as imaxes