Escoitar

Gran Peña Club de Fútbol, RunRun Vigo e o Club Acrobacia Sieiro, Vigueses Distinguidos 2026

O alcalde propoñerá ao Gran Peña Fútbol Club, a RunRun Vigo e o Club Acrobacia Sieiro para as distincións de 2026.

xoves, 12 feb 2026

Abel Caballero destacou hoxe que o equipo de fútbol Gran Peña recibirá na Gala da Reconquista o galardón de Vigués Distinguido polos seus 100 anos de actividade deportiva na cidade. “É un club centenario, histórico, da tradición futbolística de Vigo”, incidiu ao lembrar a súa vinculación co Celta como o seu equipo filial.

O circuíto de carreiras populares alcanza o décimo sétimo ano de competicións, recalcou o alcalde. “Miles de corredoras e corredoras participaron”, destacou tras lembrar que en 2025 participaron 18.000 deportistas.

O Club Acrobacia Sieiro, creado en 1998, verá recoñecido o seu carácter de pioneiro en Vigo nas modalidades de ximnasia acrobática, artística e trampolín na formación, “cun elevadísimo nivel”, de nenas e nenos ata que alcanzan o nivel de competición.

“Seguimos nomeando viguesas e vigueses distinguidos que é unha forma de homenaxear aos que tanto traballan pola cidade”, afirmou o alcalde.

Descargar todas as imaxes