O alcalde traslada a Judith Rodríguez o orgullo da cidade polo seu bronce nos Xogos Paralímpicos de París
Abel Caballero recibiu este mércores á deportista viguesa que vén de acadar a medalla de bronce en florete individual feminino converténdose “nun ídolo na cidade”.
“É o noso orgullo, o orgullo do éxito no deporte, a superación no deporte que exemplifica coa súa vida e co desenvolvemento do deporte en circunstancias adversas. Un ídolo na cidade”, dixo Caballero ao remate do encontro con Judith Rodríguez.
Este mércores, o rexedor recibiu a felicitación do alcalde “no nome da cidade” pola Medalla de bronce en florete individual feminino nos Xogos Paralímpicos de París 2024. Supón o primeiro metal paralímpico español deste deporte desde Sidney 2000. “Levábamos 24 anos sen acadar unha medalla nesta modalidade” e reiterou o satisfacción da cidade “sentímonos moi orgullosos de Judith e de todo o seu equipo. Judith converteuse nun ídolo da paraolimpíada” e conseguiu que a selección a elixira “como abandeirada na cerimonia de clausura” da cita olímpica.