Escoitar

Abel Caballero felicita ao adestrador vigués Jonatan Giráldez tras conquistar a súa terceira Champions

Jonatan Giráldez vén de pechar na sección feminina do Fútbol Club Barcelona unha época dourada, acumulando 15 títulos dende que tomou as rendas do banquillo culé en 2019, na que destacan as 5 ligas e 3 Champions League. O rexedor transmitiulle o seu orgullo, sinalando que "é o mellor adestrador feminino da historia", ao lograr "un éxito case inalcanzable" con tan só 32 anos. O técnico, acompañado da súa parella e do seu fillo Cíes, amosoulle a Caballero a súa medalla como campión da Champions, obtida o mes pasado, así como agradeceu o recoñecemento que a cidade lle outorgou na Gran Gala do Deporte de Vigo. Finalmente, Caballero tamén lle quixo desexar "toda a sorte do mundo" no próximo destino do técnico na liga estadounidense, onde tomará as rendas do Washington Spirit da NWSL.

martes, 4 xuñ 2024
Descargar todas as imaxes