Escoitar

A Xerencia de Urbanismo aproba definitivamente o Plan Especial Montana, en Alcabre

Abel Caballero anunciou hoxe a aprobación definitiva pola Xerencia Municipal de Urbanismo do Plan Especial de Reforma Interior Montana, en Alcabre. O alcalde indicou que a ordenación aprobada integra “moi ben” un gran espazo de zonas verdes coas 43 vivendas unifamiliares proxectadas, que serán distribuídas en pequenos grupos de 3 a 4 adosados, axustándose á paisaxe urbana dos núcleos residenciais que existen nas proximidades.

martes, 4 xuñ 2024
Reprodución do plano
Reprodución do plano

O alcalde explicou este martes que o Plan Especial de Reforma Interior Montana, aprobado definitivamente pola Xerencia Municipal de Urbanismo, contempla a ordenación dun total de 19.302 metros cadrados, dos que máis da cuarta parte, un total de 5.163 metros, destínanse a zonas verdes, parques, xardíns e áreas de xogo; outros 9.579 acollerán a construción de 43 vivendas unifamiliares encostadas, tanto vivenda libre como protexida; e 3.854 resérvanse para os novos viais. Ademais, a zona contará con 106 prazas de aparcamento, das que 86 serán para os residentes e 20 para uso público.

O rexedor destacou a reserva dun importante número de metros cadrados para vivenda protexida, preto de 2.000 metros cadrados, “despois de que para vivenda libre son 4.400 metros”.

Caballero indicou que a zona verde e os equipamento públicos situaranse fronte á Avenida Atlántida e á igrexa parroquial de Alcabre, creando un conxunto de espazos públicos concentrados na contorna de la Iglesia e próximo á asociación de veciños.

“Cremos que é un gran desenvolvemento para Alcabre”, afirmou o alcalde.

Descargar todas as imaxes