Escoitar

O Concello afronta a mellora de todos os espazos culturais municipais

O Concello vai mellorar todos os espazos culturais municipais da cidade cun Plan Estratéxico. “Trátase de poñer as bibliotecas e museos no centro da mellora da cidade, e facer tantas obras que signifique a mellora da súa utilización”, segundo avanzou este luns o alcalde.

luns, 3 xuñ 2024

Abel Caballero avanzou hoxe que, dentro do Plan Estratéxico de Cultura que mellorará, ampliará e reorganizará todos os espazos culturais municipais, o Concello está a actuar nestes momentos nas bibliotecas Neira Vilas e Juan Compañel, ademais de na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura.

O rexedor indicou que o goberno local tamén está a acondicionar os novos espazos da Pinacoteca, así como do Verbum, do Pazo de Castrelos, da Casa das Artes e do Auditorio Municipal.

En 2024 o Concello destinará 1.143.000 euros para as bibliotecas de Vigo e outros 2. 900.000 euros para os museos. “En suma, ao redor de catro millóns de euros, que soamente este ano estamos a dedicar ás infraestruturas culturais, á cultura: ás bibliotecas e museos e a unha forma de entender Vigo”.

Descargar todas as imaxes