Escoitar

A cidade rexistra a mellor ocupación hoteleira nun mes de maio

O rexedor desvelou esta mañá que a ocupación hoteleira en Vigo correspondente ao mes de maio foi do 67%. Os turistas internacionais procedentes de Estados Unidos supoñen o 10,5% dos estranxeiros, ocupando a segunda posición logo de Portugal. A estancia media superou os dous días.

martes, 4 xuñ 2024

“Somos unha potencia turística”, expresou Abel Caballero ao dar a coñecer os datos de ocupación hoteleira do mes de maio, que foi do 67%. Trátase do mellor datos de nivel de ocupación nos aloxamentos hoteleiros que houbo na serie histórica. O mellor dato precedente foi o rexistrado no ano 2019.

Sobre maio de 2023, este ano a suba é de case un 10%. O 48% do total dos turistas proceden doutros puntos de España, o 40% do estranxeiro e o 11% do resto de Galicia. A estancia media destes viaxeiros foi de máis de dous días.

Dentro do turismo internacional, Portugal ocupa a primeira posición, seguida de Estados Unidos, que representa un 10,5% total dos viaxeiros do exterior. “Isto é un turismo de altísimo nivel”, declarou o alcalde.

Descargar todas as imaxes