O Servizo Municipal de Axuda a Domicilio atende a 1.300 dependentes en 2023
O Servizo de Axuda a Domicilio do Concello atendeu ao longo de 2023 a 1.300 persoas con distintos graos de dependencia. Así o detallou este luns o alcalde ao explicar que se dedicaron máis de 600.000 horas á atención, ao avanzar a festa de celebración de Nadal organizada mañá no hotel Coia, que contará coa participación de 578 persoas entre usuarios do servizo e acompañantes.
Abel Caballero apuntou hoxe que o Concello afrontou en 2023 o maior volume de traballo da historia do Servizo de Axuda a Domicilio, tanto polas 600.000 horas de traballo desenvolvidas, como polos 1.300 dependentes atendidos, e polos 11 millóns de euros dedicados pola administración local a axudar ás persoas con distintas necesidades derivadas da súa dependencia.
O alcalde indicou que o 80 por cento dos beneficiarios son mulleres, á vez que destacou as melloras incorporadas, como a atención podolóxica, de salón de peiteado e de asistencia psicolóxica.
O Servizo de Axuda a Domicilio conta cun total de 564 traballadores, fundamentalmente mulleres.
“Seguiremos facendo a política social do Concello”, afirmou Caballero.