Escoitar

Caballero: “O PXOM garante o acceso á vivenda nunha cidade máis verde e con máis dotacións e servizos”

O goberno local deu conta esta tarde aos membros do Consello Social do contido do Plan Xeral que está a punto de aprobarse provisionalmente. Tal e como explicou o rexedor, trátase dun documento “pensado para os cidadáns” con vivenda protexida, máis dotacións, e zonas verdes.

venres, 15 dec 2023
Imaxe de arquivo dunha visita a Santa Cristina onde se prevé vivenda protexida.
Imaxe de arquivo dunha visita a Santa Cristina onde se prevé vivenda protexida.

O alcalde avanzou esta mañá que o Plan Xeral “garante o acceso á vivenda nunha cidade máis verde, con máis dotacións e servizos, respectuosa co nosa contorna e que pon en valor o noso pasado”. O Consello Social reuniuse esta tarde de venres para avaliar o documento, que xa está listo para a súa aprobación provisional.

Segundo explicou, o documento clasifica moito máis solo como urbano, especialmente nas parroquias, planifica 14.390 vivendas sometidas a algún tipo de protección; sitúa o teito residencial ata 2050 en 51.456 vivendas libres de especulación, favorecendo a rehabilitación e a rexeneración urbana. O novo Plan Xeral, así mesmo, reserva 1,1 millón de metros cadrados para solo de actividades produtivas e terciarias; permite pasar de 1,5 millóns de metros cadrados de zonas verdes a 3,3 millóns; suporá un incremento do 50% dos equipamentos, especialmente, ampliacións e novos parques.

O futuro planeamento fará posible a transformación da Praza de España; integrar a AP9; recuperar o pasado industrial da cidade; resolver problemas de mobilidade; dotar as parroquias de novas dotacións socioculturais e deportivas; impulsar o deporte con novos pavillóns e continuar o paseo da Avenida Castelao cara Samil con novos parques ou o Vigo Arena, unha instalación con aforo para 17.000 persoas. Trátase “dun Plan Xeral pensado para os cidadáns”, concluíu o rexedor.

Respecto ás alegacións, explicou que se aceptaron total o parcialmente o 45% das 4.502 que se presentaron. Neste punto, puntualizou que tiveron que rexeitarse todas aquelas que contraviñan unha lei autonómica ou estatal.

Descargar todas as imaxes