Mais de 50.000 pasaxeiros de cruceiros visitaron Vigo no meses de verán
O concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, destacou que Vigo recibiu a máis de 50.000 visitantes de cruceiros durante os meses de verán e se espera a chegada ata finais de ano de 20 cruceiros.
Castrillo fixo balance dos datos de verán do seu departamento e sinalou que os puntos de información e o autobús turístico son cada vez mais utilizados polos visitantes de cruceiros polo que considera necesario potenciar este tipo de turismo.
O total de turismo de cruceiro que visitaron Vigo desde principios de xuño ata o 26 de setembro foi de 50.005.Prevese que desde principios de outubro ata finais de ano visiten a cidade aproximadamente 28.948 usuarios dos 20 cruceiros que cheguen a Vigo. Estes datos dan unha previsión de 78.953 visitas de cruceiros.
Os establecementos hostaleiros de catro e tres estrelas rexistraron unha media de ocupación, durante os meses de xullo a setembro do 75,29 ( 65,19 en xullo , 80,2 en agosto e 80,5% en setembro). Se ben a ocupación hoteleira do mes de setembro incrementouse notablemente con respecto ó mesmo mes do ano pasado, a media total de ocupación do período é inferior nun punto, con respecto ó ano pasado.
Desde o 1 de xullo a finais de setembro, máis de 38.000 turistas solicitaron información da cidade tanto nos Puntos Vermellos como nas Oficinas Municipais de Información Turística. O punto de información de Príncipe e a oficina de A Pedra foron foron as que mais usuarios rexistraron.
O punto de información de Príncipe incrementou notablemente o número de usuarios converténdose nun dos máis demandados con 11.863 consultas. Neste servicio apreciouse a enorme curiosidade amosada polos propios cidadáns de Vigo que se achegaron ó stand para realizar preguntas obre a historia da cidade e outros recursos turísticos.
O bus turístico rexistrou 5.114 usuarios de xullo a setembro.
Descargar todas as imaxes