Escoitar

O alcalde recibe a unha delegación de profesores estranxeiros

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, deu hoxe a benvida á cidade a un grupo de profesores estranxeiros que forman parte dun programa de intercambio cultural que coordina o I.E.S. Carlos Casares.

mércores, 1 out 2003
Pérez Mariño transmitiulle aos docentes, procedentes de Portugal, Dinamarca, Hungría e Italia, a importancia de participar en iniciativas que faciliten os intercambios culturais e recalcou o feito de que estas experiencias sexan despois transmitidas aos alumnos.

Estes profesores forman parte do proxecto Escolar Comenius, incluído no Programa Sócrates da Unión Europea, que ten por obxectivo poñer en contacto a docentes e alumnos de distintos países europeos para promover a cooperación e o coñecemento doutros países, a súa lingua, a súa cultura e sistema educativo.