Escoitar

Vigo demanda á Xunta a humanización integral da Avenida de Galicia

A moción socialista foi aprobada na sesión plenaria deste mércores co apoio do grupo mixto e o concelleiro non adscrito e coa abstención do PP.

mércores, 22 feb 2023

A Corporación viguesa insta á Xunta de Galicia a asumir a humanización integral da Avenida de Galicia no proxecto de mellora viaria da estrada PO323 2ª fase atendendo ás necesidades incluídas nos informes técnicos e que figure nos orzamentos da Xunta para este ano a través de reforma urxente.

O tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, Javier Pardo, sinalou que o Concello achegou ao goberno autonómico a información solicitada para o proxecto, indicando que “non se pode obviar a necesidade” e que se debe renovar integralmente a rede de abastecemento e saneamento no ámbito de actuación, do mesmo xeito que fai o goberno municipal en tódolos seus proxectos de humanización nas vías de titularidade municipal.

Estadio de atletismo

O edil de Deportes, Manel Fernández, defendeu no Pleno a moción socialista na se insta á Xunta de Galicia a realizar unha achega ao Concello de 15 millóns de euros co fin de construír un novo estadio de atletismo na cidade, onde este deporte ten unha longa tradición. Saíu adiante coa abstención dos grupos da oposición.

Descargar todas as imaxes