Escoitar

O rexedor desexa “todo o éxito” a Simant Dúo na súa parada en Vigo

Simant Dúo, o dueto artístico formado polo trompetista vigués Rubén Simeó e o pianista valenciano Antonio Morant, presentarán en Vigo o seu novo traballo discográfico, “Skyward”, o próximo 5 de marzo no Teatro Afundación.

martes, 21 feb 2023

“Skyward” é o segundo álbum de estudo de Simant Dúo no que expresan o seu afán por celebrar e honrar influencias musicais de todo tipo. Trátase dunha colección de homenaxes a grandes temas musicais desde a década dos 70 ata hoxe. Versións onde as melodías orixinais foron reinventadas en distintos contextos e estilos.

O dúo rodeouse de grandes artistas para levar a cabo este periplo musical. Exemplo diso son as colaboracións de dúas iconas internacionais como o trompetista de jazz cubano, Arturo Sandoval e o virtuoso violinista libanés Ara Malikian. Abel Caballero sinalou que “Rubén é de Vigo, ademais un trompetista extraordinario, por iso telo na cidade é un privilexio”.

Con este novo lanzamento Simant Dúo quixeron expandir os límites tradicionalmente impostos a un dúo destas características, rompendo barreiras entre xéneros e espremendo as capacidades sonoras de ambos os instrumentos. O traballo de continuidade ao seu primeiro álbum “New way” (2019), co que iniciaron este proxecto en común e puideron comprobar que a sinerxia dos seus sons é recibida con entusiasmo por públicos de toda Europa desde entón. E é que fóra das nosas fronteiras, o talento de Simant Dúo xa foi acollido e recoñecido en cidades como París, Lyon, Lisboa, O Porto, Marsella, Roma, Milán ou Stuttgart.

Descargar todas as imaxes