Escoitar

O Concello acelera a tramitación de vivenda protexida en Santa Cristina

O goberno local acortará os prazos do PXOM para axilizar a construción de vivenda protexida na zona do parque central en Santa Cristina. Con ese obxectivo iniciarase a modificación do contrato que está a redactar o PXOM para ir avanzando na ordenación detallada do ámbito.

luns, 17 out 2022
O alcalde xunto á tenente de alcalde e edil de Urbanismo, María José Caride
O alcalde xunto á tenente de alcalde e edil de Urbanismo, María José Caride

Abel Caballero avanzou esta mañá unha modificación do contrato de redacción do PXOM para acortar os prazos de tramitación de vivenda protexida no ámbito de Santa Cristina (parque central). Esta zona figura no documento aprobado inicialmente como “solo urbano non consolidado”, de propiedade municipal e proponse a incorporación da súa ordenación detallada, de tal forma que, unha vez entre en vigor o novo PXOM, sexa posible de forma inmediata a edificación de vivendas de protección pública. En esa ordenación detallada, engadiu, definiranse as zonas verdes, os viais, o número de vivendas.

O alcalde lembrou que Vigo ten unha importante demanda de vivenda protexida, con máis de 5.000 persoas en lista de agarda e “a Xunta non fixo practicamente ningunha”.

Descargar todas as imaxes