Escoitar

O Concello aproba as bases de participación do concurso “Vente cos Reis Magos”

Deste xeito o goberno municipal ofrece ás nenas e nenos da cidade a posibilidade de participar activamente na cabalgata dos Reis Magos, o 5 de xaneiro. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a adquisición da parcela de Enrique Lorenzo nº 54, onde se construirá a Biblioteca Municipal de Teis.

venres, 14 out 2022

O alcalde deu conta está mañá, en rolda de prensa, dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local de hoxe, entre os que se atopaba a aprobación do concurso “Vente cos Reis Magos”, no que seleccionará mediante sorteo a 40 mozos e mozas que acompañarán ás súas maxestades ao longo da cabalgata.

O período de inscrición será do 9 ao 16 de decembro de 2022, podendo inscribirse os nenos e nenas nacidos entre ou 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2014. O documento de solicitude pódese obter por dúas vías: en liña, descargándoa da páxina web municipal (www.vigo.org) ou a través dos exemplares destas solicitudes que se repartirán entre os centros cívicos, colexios e asociacións culturais de Vigo.

Unha vez cumplimentadas, as solicitudes deberanse depositar nas caixas de correos do Carteiro Real que se instalarán na entrada á lonxa do Concello e nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saians. Só se aceptará unha solicitude por nena ou nena, eliminando aqueles que presenten máis dunha.

O sorteo realizarase o día 22 de decembro ás 12:00h no Auditorio Municipal, “decidindo así quenes serán os nenos e nenas que conformarán o séquito que acompañarán os Reis Magos”, como sinalou o rexedor.

Biblioteca de Teis

Outra das novidades da XGL foi a aprobación da adquisición da parcela de Enrique Lorenzo nº 54, por un investimento de 199.662€, onde se prevé construír a nova Biblioteca Municipal de Teis. Abel Caballero explicou que o Concello “merca o edificio completo para derrubalo” porque “a pesar de que a primeira idea era adaptar o existente” ao arrancar o proceso observouse “que o que hai non sirve, polo cal construiremos un novo edificio”.

O Concello de Vigo terá en funcionamento esta nova biblioteca nun prazo aproximado de obras de 9 meses, xa que deberá realizar a demolición total do edificio existente e o baleirado da parcela, coa correspondente comprobación do estado do subsolo, antes de comezar a construción do novo edificio.

Descargar todas as imaxes