Abel Caballero: “Fostes, sodes e seguiredes sendo as forzas que nos coidan”
Abel Caballero, xunto ao presidente do Senado, Ander Gil, e ao ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, entregaron recoñecementos a representantes de oito corpos policiais, forzas armadas e do ministerio de Sanidade.
Alcaldes e alcaldesas, representantes de Congreso e Senado e autoridades do Estado, homenaxearon esta mañá no antigo Salón de Sesións da Cámara Alta aos Corpos e Forzas de Seguridade, Forzas Armadas e Protección Civil, polo traballo e o compromiso desempeñados por todos eles durante a pandemia. No transcurso dun emotivo acto organizado pola FEMP, baixo o nome “As forzas que nos coidan”, o presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou que “é a primeira vez na historia que se recoñece no mesmo plano o traballo de Forzas e Corpos de Seguridade, Protección Civil, Forzas Armadas e traballadores sanitarios, desde o ámbito local”
“Entre todos soubemos facerlle fronte a algo que non sucedera nunca, e demostramos que unidos somos invencibles” dixo Caballero en referencia a cidadanía e institucións. Xa entón, durante “aqueles días de pandemia, de rúas baleiras”, no máis difícil, “fúchedes capaces de seguir sendo as forzas que nos coidan”. “Hoxe querémosvos dicir que fostes, sodes, e seguiredes sendo as forzas que nos coidan”, engadiu o Presidente da Federación. “Trátase da primeira vez na historia que se recoñece no mesmo plano o traballo de Forzas e Corpos de Seguridade, Protección Civil, Forzas Armadas e traballadores sanitarios, desde o ámbito local”, resumiu en referencia á organización do acto.
O acto de homenaxe ha contada coa presenza do Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, en representación do Goberno, e coa do Presidente do Senado, Ander Gil, anfitrión da homenaxe, e máxima autoridade da Cámara de representación territorial do noso país. Marlaska agradeceu ao Presidente da FEMP a organización da homenaxe, ao que cualificou “como un acto de xustiza”, e en cuxo marco ha dedicado “o maior dos eloxios” para “os mellores servidores públicos” por conseguir que este país saíse adiante, actuando moitas veces máis aló do esixido polo deber. Finalmente, o Presidente do Senado, Ander Gil, que na benvida xa se referiu a a iniciativa da FEMP coa organización da homenaxe como “un agasallo para a cámara de representación territorial”, sinalou “a exemplaridade e valentía” desas “forzas que nos coidan” ao subliñar que “nunca a denominación de traballadores esenciais tivo tanto sentido como entón”.