Escoitar

Panorama e Combo Dominicano pecharán xuntos a tempada en Vigo

O Concello de Vigo organiza este concerto de outono o próximo domingo a partir das 21:00h, instalando sendos escenarios diante da grada de Tribuna do Estadio Municipal de Balaídos. O segundo fin de semana de outubro a cidade “alcanzou o 83%” desvelou o alcalde.

martes, 11 out 2022

 

Abel Caballero anunciou esta mañá na rolda de prensa matinal, que Vigo albergará un gran concerto que pechará a tempada de dúas das grandes orquestras da verbena galega: Panorama e o Combo Dominicano.

Como explicou o rexedor “a partir das catro da tarde comezará a instalación dos escenarios na explanada de Balaídos”, unha vez remate o encontro entre o Celta e a Real Sociedade, para que as 21:00h arranque a actuación. O alcalde engadiu que “toda a cidade está convidada e imos petalo”.

Ocupación hoteleira

Durante a semana pasada Vigo alcanzou unha ocupación total coa celebración de Conxemar, os bos datos continuaron durante a fin de semana onde os hoteis da cidade chegaron o 83% de ocupación. Abel Caballero enfeitizou que “en temporada baixa, temos niveis de ocupación dos mellores de España”. Tamén desvelou que para o festivo do 12 de outubro as reservas encóntranse por enriba do 70%.

O alcalde tamén desvelou que, tras o anuncio da data de encendido das luces de Nadal, que será o 19 de novembro, xa se encontra a cidade “practicamente ocupada, a mes e medio de distancia” e para a ponte da Constitución estará “totalmente ocupada”.

 

Descargar todas as imaxes