Escoitar

O goberno local adica máis de 778.000 euros para formar a 75 persoas no programa “Vigo emprega”

A Xunta de Goberno tamén aprobou a concesión de subvenciones a entidades deportivas da tempada 21-22 por un importe de 950.000 euros.

venres, 14 out 2022

Abel Caballero anunciou que o goberno local aprobou 778.063,12 euros para formar a 75 persoas en situación de desemprego dentro do programa municipal “Vigo emprega”. O aprobado pola Xunta de Goberno marca as bases reguladoras para a selección dos candidatos e candidatas que poden ser beneficiarios deste plan de emprego municipal.

O alcalde explicou que os contratos serán de 6 meses e que a formación impartirase nos ámbitos necesarios profesionalmente: albanelería, electricidade, mecánica, pintura, xardinería, entre outras. Os beneficiarios farán traballos como a eliminación de barreiras arquitectónicas, reformas para a mellora de edificios públicos, actuacións en zonas verdes...

As bases publicaranse no DOG, o BOP e a páxina web do Concello de Vigo.

Deporte

Caballero tamén deu conta da aprobación das subvenciones a entidades deportivas cun importe de 950.000 euros que beneficiará a 191 clubes da cidade. O rexedor lembrou que o Concello tamén adica 438.000 euros ás Escolas Deportivas, outros 450.000 euros para os equipos de élite e 50.000 en becas para deportistas de alto nivel.

Descargar todas as imaxes