Escoitar

Caballero rexeita a supresión dun pediatra no Centro de Pintor Colmeiro

O alcalde esixe á Xunta que restableza o praza de pediatría no centro de saúde de Pintor Colmeiro logo de que o SERGAS repartira os case 1.000 nenos e nenas que atendía o doutor xubilado entre outros profesionais e o resto de centros de Atención Primaria .

venres, 14 out 2022

“Rexeito total e absolutamente como alcalde da cidade a decisión do SERGAS de amortizar unha praza de pediatría no centro de saúde de Pintor Colmeiro. A miña oposición é total”. Así expresouno Abel Caballero en rolda de prensa logo de coñecer que a dirección de saúde do goberno da Xunta reparta aos nenos e nenas dun doutor xubilado aos outros profesionais e ao resto de centros de saúde da cidade.

“Vigo ten agora un pediatra menos. Opóñome total e absolutamente”, afirmou con rotundidade o rexedor, que esixiu á Xunta, concretamente ao presidente, que restableza o servizo de pediatría no centro de Pintor Colmeiro: “É moi importante. Coa saúde non se aforra”, concluíu.

Descargar todas as imaxes