Escoitar

Vigo celebrará “La 21. Howden Media Maratón” o 6 de novembro

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a nova edición da proba coa participación do Concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o organizador, David Suárez. As inscricións continúan abertas.

luns, 17 out 2022

Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou o evento, que conta co apoio do Concello de Vigo, resinando que "a xente está agardando por esta proba tan especial”, que ademais “ten un papel de gran relevancia no calendario atlético vigués”. O concelleiro aproveitou para agradecer a labor dos organizadores e colaboradores, e enfeitizar “que contan con todo o apoio do Concello de Vigo”.

Nesta vixésimo cuarta edición, partirá da Praia do Vao e rematará en As Avenidas, tras percorrer 21 kilometros ao de varios barrios da cidade. Ademais volverá a transcurrir polos túneis de Beiramar “algo que os corredores lles gusta moito” e que “se converteu en algo moi característico da proba” como sinala David Suárez. Engade diferentes modalidades para adaptarse a diversos públicos, como os 21 km por equipos e relevos ou a versión reducida na que os participantes realizan 10 km.

Amosando un forte compromiso co medio ambiente e un transfundo social, pondo en marcha o proxecto “Corrres”, cas tres erres referidas a “Recicla, reutiliza e reforesta”. Con este que motivan a reciclaxe de tapóns de plástico, cos que financian a compra de árbores para as Comunidades de Montes da cidade.

Descargar todas as imaxes