A Xunta de Goberno aproba novas zonas de rehabilitación de vivendas
O alcalde anunciou que serán 10.812 vivendas en 1.197 edificios as que poderán beneficiarse do Real Decreto que regular os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España financiado cos fondos Next Generation EU.
Vigo incluirá 10.812 fogares no programa de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España financiado cos fondos Next Generatión EU.
A Xunta de Goberno aprobou na mañá deste xoves novas zonas de rehabilitación de vivendas. Estas axudas distribuiranse en función dos ingresos da unidade familiar, entre o 40 e o 80%, cun importe que vai desde os 8.000 ata os 21.400 euros.
“Serán 2.223 no Casco Vello, Bouzas 500, Coia 6.147, Santa Clara 96, Beiramar 70, Espiñeiro (Teis) 386, San Pablo 80, Fenosa 618, A Salgueira 197, Gorxal 86, Alcalde Lavadores, Canicouva e Escolas Públicas 138.
“Isto é un programa que mellorará o aforro enerxético nun 30%. Vantaxes para os propietarios e para o conxunto da cidade”, concluíu o rexedor
Obras
A Xunta de Goberno tamén aprobou a humanización da Avenida do Fragoso Fase I cun importe de 524.000 euros. A obra inclúe a renovación de pavimentos, firmes, sinalización e arquetas, entre outras accións. Tamén o alcalde anunciou que o goberno local deu luz verde á humanización da rúa do Carmen e Cesáreo González cun importe de 173.000 euros, con novas beirarrúas, mellora do firme e nova sinalización.