Vigo gañará unha nova zona industrial de 30.000 m2 en San Andrés de Comesaña
O goberno local está a promover unha nova zona industrial en San Andrés de Comesaña, fronte a Navia, explicou o rexedor. Trátase dun ámbito de case 31.000 m2 que compatibilizará uso industrial y comercial e que podería ser aprobado de forma definitiva este mesmo ano. A partir de aí, a previsión son dous anos de obras.
A Xerencia de Urbanismo aprobará inicialmente mañá o Plan Especial de Reforma Interior U.E. Industrial en San Andrés de Comesaña o que permitirá crear unha zona industrial limítrofe coa avenida Ricardo Mella (fronte a Navia) que facilitará ampliar o polígono industrial de O Caramuxo.
A promotora é a entidade Global Fitness Sport S.L., que se fará cargo do custo da urbanización, e o obxectivo da actuación é completar a trama urbana existente para adecuala ao conxunto da cidade, así como crear solo para uso industrial, facendo compatible o desenvolvemento do ámbito con solo de uso terciario (comercial).
O ámbito ten case 31.000 m2 de superficie, dos que case 29.000 son edificables e os 2.300 restantes se cederán para servizos da VG-20. Haberá un viario de 3.464 m2, establécese unha altura máxima de 3 plantas, 287 prazas de aparcamento e a plantación de 40 árbores, entre outras cuestións.
A aprobación definitiva deste Peri podería ser este mesmo ano e, a partir de aí, a previsión son dous anos de obras para contar na cidade con máis solo industrial, unha necesidade en Vigo que facilitará a xeración de emprego.